Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 08/01/2013

“O neno can”

Hoxe imos compartir o noso recunchiño do Miño cos compañeiros e compañeiras de terceiro ciclo. Este trimestre os de 6º van ler “O neno can”.O-neno-can

Este é o título do libro que escribiron o noso amigo Francisco Castro e Fina Casalderrey e que os nenos e nenas de 6º do cole van ler durante o segundo trimestre.
Isto é o que di sobre este libro a ficha da Editorial Galaxia:

“O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social.”

Antes de empezar coa súa lectura, imos saber un pouquiño máis sobre isto dos dereitos dos nenos premendo nas imaxes.

Nos vindeiros días iremos actualizando.

Despois de ler este libro podemos facer estas actividades que collemos prestadas do Blogue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: