Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 29/04/2013

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas neste 2013 a Roberto Vidal Bolaño. Autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como “un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.”

Aquí tendes unha selección de recursos para ilo coñecendo un chisco mellor.

Actividades do Seminario Galán:

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/ 

Roteiro po Santiago e Brión con Roberto Vidal Bolaño con datos sobre a súa biografía realizado polo CEIP  de Pedrouzos en  Brión (9′):

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/node/723

Presentación slideboom con moitas fotografías e boa música do Trío de Abe Rábade. Para ler, escoitar e comentar. A presentación ten dúas partes: unha introductoria, que é un breve achegamento á súa figura, e outra biográfica,que nos fala da súa vida e da súa obra. Foi realizada polo Departamento de Lingua e literatura Galega do IES Concepción Arenal (Ferrol)

http://www.slideboom.com/presentations/743877/Roberto-Vidal-Bola%C3%B1o

LIM sobre Vidal Bolaño elaborado pola Equipa de Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu):

http://letrasgalegasapedrapapirus.blogspot.com.es/2013/04/lim-roberto-vidal-bolano.html

Actividade LIM para os máis pequenos realizada pola equipa da biblio de Mallón.

http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2013/04/letras-galegas-infantil-2013.html

A Biblio de Mallón tamén se lembrou do alumnado de primaria preparando as seguintes propostas:

http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2013/04/letras-galegas-primaria-1-ciclo.html

http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2013/04/letras-galegas-primaria-2-ciclo.html

http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2013/04/letras-galegas-primaria-3-ciclo.html

No CEIP Condesa de Fenosa (O Barco) elaboraron unha superpresentación Prezi moi completa e cunha música moi ben escollida: o “Pasodoble Romántico” dos Cempés….que grandes!

http://biblogtecacondesa.blogaliza.org/2013/03/01/roberto-vidal-bolano-letras-galegas-2013/

E finalmente o CEIP Nosa Sra. de Xuvencos ofrécenos esta completísima compilación para que non nos falte nada por aprender sobre o noso homenaxeado deste ano:

 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
Advertisements
Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 16/04/2013

MEMORIAS DUN NENO LABREGO…

… de Xosé Neira Vilas.

Este é o libro que imos ler, neste trimestre,  os nenos e nenas de 6º.

Memorias dun neno labrego

Se premedes na portada, poderedes facer unhas actividades LIM do CEIP Frián de Teis.

Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 21/01/2013

O mundo é grande

Que tal algo de música para celebrar o vindeiro día da paz. Podedes ir escoitando esta cantiga de Mamá Cabra.

https://www.youtube.com

Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 21/01/2013

O entroido tradicional galego

Este recurso foi feito por Julia González. Do CEIP Mestres Goldar. Coa ferramenta da caza do tesouro poderemos recordar moitas cousas sobre as orixes do entroido no noso país.

http://phpwebquest.org

 

 

 

 

Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 11/01/2013

Os animais

Aquí vos deixo estes enlaces para que repasedes o que estamos dando en Coñecemento do Medio.

ANAYA animais I

ANAYA animais II

ANAYA animais III

JClic: Clasificación dos animais

AGREGA: Animais vertebrados

AGREGA: Animais invertebrados

 

 

Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 08/01/2013

“O neno can”

Hoxe imos compartir o noso recunchiño do Miño cos compañeiros e compañeiras de terceiro ciclo. Este trimestre os de 6º van ler “O neno can”.O-neno-can

Este é o título do libro que escribiron o noso amigo Francisco Castro e Fina Casalderrey e que os nenos e nenas de 6º do cole van ler durante o segundo trimestre.
Isto é o que di sobre este libro a ficha da Editorial Galaxia:

“O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social.”

Antes de empezar coa súa lectura, imos saber un pouquiño máis sobre isto dos dereitos dos nenos premendo nas imaxes.

Nos vindeiros días iremos actualizando.

Despois de ler este libro podemos facer estas actividades que collemos prestadas do Blogue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén.

Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 20/11/2012

Os sentidos II

http://www.omerique.net/polavide/rec_polavide0708/edilim/sentidos

Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 20/11/2012

Os sentidos

Recursos para comprender que o corpo humano se relaciona co exterior a través dos sentidos. Explican as partes e funcionamento dos diferentes sentidos.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar
 
 

http://www.wikisaber.es/Contenidos/LObjects/eyes_and_seeing/index.html

http://www.wikisaber.es/Contenidos/LObjects/ears_and_hearing/index.html

http://www.wikisaber.es/Contenidos/LObjects/ears_and_hearing/index.html

http://www.wikisaber.es/Contenidos/LObjects/ears_and_hearing/index.html

 

 

 

Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 06/11/2012

Imos escribir

Hoxe toca escribir e practicar un pouquichiño de caligrafía. Premede aquí ou na imaxe para poder xenerar algunha ficha.

 

Publicado por: Segundo Ciclo do CEIP Pintor Antonio Fernández. | 26/10/2012

Lectura interactiva

Seica algún de vós aínda non lle pillou o aquel á lectura…mmmmm…incrible. Probade con isto a ver se sodes quen de resistirvos…

http://lecturanarede.blogspot.com.es/search/label/Audiocontos


Neste enlace poderedes atopar moitos contos, poemas, adiviñas, xogos multimedia, etc. Foi creado nunha escola do Ferrol moi semellante á nosa pola equipa encargada da biblioteca. O CEIP chámase Isaac Peral. Moi agradecidas desde Goián!

Older Posts »

Categorías